"BON DIA ÓS VISITANTES..."

7/1/09

Presentación oficial da nova Bandeira, e reforma do Escudo





A bandeira do concello de Forcarei (Pontevedra), organízase en tres franxas horizontais de branco, verde e branco. A de verde, de dobre tamaño, ten trece círculos de amarelo postos, un no centro e doce nos vértices dos dous hexágonos concéntricos imaxinarios. As de branco posúen, á súa vez, sendas franxas horizontais de azul.

No escudo do concello, en campo de azur, hai unha montaña de ouro de tres cumes, terrasada de sinople con dúas faixas ondadas de prata. A montaña está superada de dúas espigas de centeo de ouro en aspa e unha roca alta de prata no centro, acompañadas dun fuso alto a cada lado. A bordura é de sinople con trece abellas de ouro e o timbrado de coroa real pechada.

LINKS DE INTERÉS: 1 2 3 4 5




















No hay comentarios:

Tempo en Forcarei